Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades Ledicia

A Sociedade Cultural Ledicia prepara unha actividade infantil denominada XOGANDO CO ENTROIDO, na que nenos e nenas poderán desfrutar dunha tarde de xogos, disfraces e merenda o vindeiro domingo 3 de febreiro a partir das 5 da tarde no local social da asociación (Rua do Ril, 4 entr/baixo). Será unha actividade aberta e gratuíta. O venres 8 celebrarase a tradicional CEA-BAILE DE ENTROIDO, no Mesón O Poeta, e amenizada polo Duo Venus. Típico menú de entroido coa sopa, cocido, postres café e chupito. Prezo socios 22 € /// non socios 27 €.
Reservas ata o 5 de febreiro no propio restaurante, a través da xunta directiva da asociación o no telf 616 99 50 97. Por outra parte, no mes de febreiro comezará un curso de arreglos florales que terá lugar os martes en horario de 7 a 9 da tarde. Terá unha duración de tres meses e un custe de 20 € para socios e 23 € para non socios cada mes.

Exit mobile version