Site icon Crónica3.com A Mariña

Alpuxarradas e desfile do martes de Entroido en Viveiro

O Concello de Viveiro informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o certame Alpuxarradas e para o desfile do
martes de Entroido. A inscrición realízase no departamento de cultura , no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Para o desfile establécense as seguintes categorías: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. A ficha de inscrición e documentación requirida deberá presentarse no Teatro Pastor Díaz antes das 14:00 horas do venres 7 de febreiro.

Exit mobile version