Quero manifestar que de estar na súa situación, houbera feito exactamente o mesmo, posto que os concelleiros e concelleiras temos que responder polo exercicio do noso cargo, ademais de politicamente, de forma civil e penal e se non temos claro algún aspecto (polos motivos que sexan), entendo que temos que ter o dereito a absternos, sen que isto supoña nestes casos concretos a exposición a un expediente sancionador. Parece ademais, que o tempo, os veciños e os mesmos que votaron a favor da aprobación inicial (resto da corporación), parecen non ter tan claro nestes momentos, que o PXOM teña que ser aprobado coma se presentou, e afortunadamente a tramitación e o prazo de alegacións, pode e debe enmendar o documento inicial.
Polo tanto, entendo que Maria José González, foi leal e sincera cos seus veciños, cando decidiu aplicar o principio de prudencia e absterse ante algo que podía perxudicalos; pero tamén dende o meu punto de vista, foi leal coas súas ideas, no caso da Moción presentada polo PP para adicarlle unha Rúa a Manuel Fraga; neste senso, a pesares de non poder acudir ao pleno por motivos laborais (recordo que estaba en Canarias), Maria José, manifestou que de haber estado no pleno, houbera votado en contra, en lugar de abstenerse como o resto dos concelleiros do seu grupo, o que favoreceu que saira adiante a Moción, a pesares de que a día de hoxe, non esté claro o que se vai facer a este respecto.
Entendo que o PP favoreza a adicación de rúas ao seu fundador, pero en ningún caso pode saír adiante con votos por acción u omisión da esquerda e por iso, teño sorte de non ser concelleira en Monforte, porque do contrario, hoxe tamén estaría exposta a un expediente.
Beatriz Vázquez Monroy