Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas das E.D. Lourenzá-Mondoñedo

O vindeiro domingo día 13 varios representantes das E.D. Lourenzá-Mondoñedo participarán no Campionato Galego de Pista Cuberta a celebrar na Coruña (Riazor) durante todo o día.
Os atletas clasificados son: os benxamíns Fernando Vallines en peso, Ayoub Khaled en 50 e 1000 e Hiba Bouyzar en 1000. Con eles estarán a infantil Xana Rguez. en 50 metros lisos e 50 metros valados, e as alevíns Ana Vallines en 1000 m.l. e Ainara Rguez en 500 e 50 lisos; onde ten a mellor marca do ano de todos os inscritos. Na fotografía aparecen Ainara e Ana.

Exit mobile version