Dende o Concello emitiuse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata de mañá. Neste sentido, solicitouse a tódolos veciños e visitantes que NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería New Burguer) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade, onde está o Bar A Esquina). Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos) desfruten de máxima seguridade. Ademais dese acto en Xove haberá: xogos acuáticos na piscina ou inchables no pavillón.