BALSEIRO AGRADECE QUE O PSOE APLAUDA A SÚA INICIATIVA EN DEFENSA DOS ABUSOS DAS ELÉCTRICAS E LAMENTA QUE OS SOCIALISTAS DA MARIÑA NON TEÑAN REXISTRADO INICIATIVAS SIMILARES NO PARLAMENTO
Atribúe o desinterese e a falta dunha iniciativa similar por parte do deputado socialista na comarca a liortas internas que fan que uns e outros representantes do PSOE nin tan sequera se falen entre eles.
Cervo, 10 de xaneiro de 2013.- O deputado popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro quixo agradecer hoxe que o PSOE remitira no día de onte un comunicado no que aplaudía a súa iniciativa parlamentaria en defensa dos abusos das compañías eléctricas. “Non é habitual que a oposición recoñeza positivamente o teu traballo e polo tanto, un traballo ben feito. E sobre todo, non é habitual que non teñan outro remedio que asumir e valorar que desde o PP témonos anticipado na defensa dos consumidores e usuarios que teñen problemas coas súas facturas eléctricas. Quero agradecer ese xesto.”-afirmou Balseiro
ENFRENTAMENTOS
O deputado popular sinala que ante a constancia dun importante número de queixas de particulares e empresas “unha actitude responsable foi informarse na Xunta sobre o camiño axeitado para realizar as reclamacións e presentar unha iniciativa parlamentaria sobre este asunto”. Balseiro lamentou eso si que o mesmo PSOE que por unha banda asegura que leva traballando neste tema, a pesar de ter un deputado autonómico nesta mesma comarca, non presentou iniciativas similares no Parlamento de Galicia, situación que atribúe a un evidente desinterese por este asunto e a liortas internas que fan que non se falen entre eles uns e outros represenattnes socialistas da Mariña lucense.
OFICINAS DE CONSUMO
O parlamentario popular volve a insistir na importancia de que calquera persoa, consumidor doméstico ou empresario que poida ter algún tipo de problema en relación coas súas facturas de electricidade acuda ás oficinas de consumo para recibir o asesoramento axeitado e, no seu caso, formular a correspondente reclamación. “Así tamén a administración terá constancia das problemáticas particulares que se están dando e adoptará as medidas precisar para corrixilas”.