
Hoxe, sábado 5 de xaneiro terá lugar, como xa é tradicional, a Cabalgata de Reis que saíra da Praia da Rapadoira ás 19.00 h percorrendo as rúas da vila ata chegar ao Belén vivente, organizado polo Colexio do Pilar de Foz e instalado na praza do concello. As Maxestades dirixiranse a tódolos nenos e repartirán moitos agasallos. Ao remate da cabalgata haberá para todos/as chocolate, churros e roscón de reis no Patio do Colexio Nº 1.