Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabalgata de Reis en Barreiros

Todo está listo en Barreiros para recibir aos Reis Magos o vindeiro sábado, 5 de xaneiro. Ese día a partires das 20 horas poderá visitarse o nacemento vivente no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. E para un pouco máis tarde, ás 20:30 horas, está prevista a chegada dos Reis Magos a esas instalacións. As Súas Maxestades visitarán ao neno Xesús e despois farán as delicias dos nenos e nenas asistentes. O Concello de Barreiros agradece a colaboración dos mozos e mozas e dos veciños e veciñas participantes. O acto está organizado pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Exit mobile version