Site icon Crónica3.com A Mariña

Campionato de tute e parchís Trasbar

O resultado do campionato de tute 2013 da Asociación de veciños burgo de Trasbar foi: 1º premio: Eladio Rúa Otero e Benigno Díaz Pérez; 2º premio: José Antonio Fernández Níñez e Marciano García; 3º premio: Manuel Otero Ramos e Jesús Ramón Teijeira Fanego. A parella con peor puntuación pero que tamén terá o seu premio: Josefa Casariego Pedre e Mª Dolores Díaz.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado 26 de xaneiro despois dunha cea (21.00 h) na que participarán todos os apuntados ao campionato de tute 2013. Ademais, o domingo 27 de xaneiro, ás 11.30 h haberá unha reunión cos apuntados ao campionato de parchís, co fin de establecer o número de parellas e o calendario de partidas. A data prevista para o comezo do campionato é o 09.02.2013.

Exit mobile version