Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia afirma que “pouca tranquilidade” poden trasladarlle á Confraría focense xa que o equipo de goberno da Deputación “votou en contra” no pleno

Candia: “ votar a favor da iniciativa presentada por Veiga e Besteiro sería renunciar a máis de 60 millóns de euros destinados a Benestar na provincia de Lugo”

Con respecto a moción de Foz, os populares afirmaron que pouca tranquilidade poden trasladarlle a Confraría focense cando o Equipo de Goberno manifestou un compromiso que logo votou en contra no órgano competente

Lugo, 29-1-2013.- Logo da sesión plenaria provincial celebrada esta mañá, a Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, manifestou que votar a favor da iniciativa presentada por Gómez Besteiro e Antonio Veiga, sería renunciar a máis de 60 millóns de euros destinados a benestar na provincia de Lugo, de ahí a votación en contra nesta moción.

ADMINISTRACIÓN LOCAL

No tocante á reforma da Lei de Bases de Réxime Local, os populares aseguraron que require melloras nese anteproxecto de Ley e instaron ao Equipo de Goberno a que sexa a deputación a que faga aportacións construtivas.

Asegurou o PP que, por parte do Goberno da Deputación, todo estaba orquestado posto que pensaba que o anteproxecto se aprobaría o pasado venres, no consello de ministros, circunstancia que non producíu; sen embargo, o equipo de goberno non adaptou a súa iniciativa.

Apostaron os populares polo goberno de España, para que siga traballando e negociando para acadar un consenso nunha reforma que todos consideramos necesaria. “Apostamos por un municipalismo que perdure”- afirmou Candia.

PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS

No Plan Estratéxico de Subvencións na área de asistencia e cooperación a Concellos, A Voceira dos populares, Elena Candia, manifesta que a inversión por parte do Equipo de Goberno, sen contar co plan de cooperación con entidades veciñais, é de cero euros.

AXUDAS A RAZAS AUTÓCTONAS

No tocante a moción presentada polo Equipo de Goberno onde se insta ó Goberno Central a que manteña as axudas autóctonas e a Xunta a que cumpra o convenio asinado para a revalorización do leite, a Voceira dos populares afirmou que a Deputación de Lugo está a facer demagoxia coa situación difícil que sofren os gandeiros da provincia.

Dixo Elena Candia, que o Equipo de Goberno sabe de sobra que estas axudas non desaparecen: “trátase dunha axuda financiada con fondos que non foron transferidos á Comunidade Autónoma; esta posibilidade estaba perfectamente recollida na orde, na que se supeditaba a axuda á transferencia e, en canto se reciban estes fondos recuperarase con carácter inmediato esta orde de axudas, algo que dixo publicamente a Conselleira do Medio Rural e Mar, Rosa Quintana”- manifestou Elena Candia.

CONFRARÍA DE FOZ

Con respecto a moción de Foz, a Voceira dos populares criticou duramente que a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, acudise a Foz a dicir o que non respaldou esta mañá no pleno.

“Pouca tranquilidade podemos trasladarlle a Confraría cando a Deputación manifesta un compromiso que logo vota en contra no órgano competente”- manifestou Candia.

ESTRADA PARADELA

No tocante a moción na que lle esixíu a Gómez Besteiro que reparase os danos causados no acceso paradelense de San Facundo, logo da construcción da estrada provincial, os populares lamentaron que o Equipo de Goberno votase en contra e afirmaron que con este xesto demostran a súa irresponsabilidade.

Exit mobile version