Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea-baile de coroación da Raíña do Entroido 2013 en Foz

_MG_4684O próximo venres día 25 de xaneiro remata o prazo para recoller as invitacións para a Cea-Baile de Coroación da Raíña de Entroido 2013 en Foz. Esta cea supón o pistoletazo de saída aos actos do entroido focense. A cea á que asistirán aproximadamente 300 persoas e que este ano terá lugar no pavillón do colexio Martínez Otero de Foz, custa 23€ cun menú tradicional de cocido e postres de entroido. Amenizará a festa o Grupo Casino Sevilla.
Coroarase á nova raíña 2013, Ana Alonso Pérez e ás súas damas Elena López Amieiro e Andrea Rey López. Ademais, o vindeiro domingo día 27 de xaneiro ás 13.30 h. no CENIMA terá lugar a inauguración da exposición de entroido 2013. Esta exposición que se poderá visitar dende o 27 de xaneiro ata o 27 de febreiro.

Exit mobile version