
ABSA e ACIA Burela fixeron entrega esta semana da cesta de peixe que se sorteou despois da terceira xornada da campaña “Ponte de Peixe en Burela” na pasada ponte entre o 6 e o 9 de decembro. A cesta, doada por Armadores de Burela, está composta por peixe variado e valorada en 500 euros. A gañadora desta edición foi Belén González Rey.