
Hoxe martes ás 19:30 h. terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo a charla-coloquio sobre “A dislexia: a causa máis frecuente do trastorno de aprendizaxe”. Intervirán: Dr. Emilio Fernández Álvarez, neuropediatra, profesor titular da Universidade de Barcelona, neuropediatra consultor do hospital Sant Joan de Déu e autor de numerosos libros sobre trastornos neurolóxicos en nenos. Tamén Manuel Silveira Cancela, xefe do servizo de pediatría do Hospital da Costa.