
A Banda de Música de Burela dará un concerto o próximo domingo, 6 de xaneiro, coincidindo co día de Reis. A cita terá lugar ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Deste xeito, a Banda de Burela, realiza a segunda das actuacións que tiña programadas para estas datas e aproveita para dar a benvida ao Ano Novo. Para o concerto de Reis, a Banda interpretará obras de tipo sinfónico compostas orixinalmente para banda, aínda que tamén terán cabida pezas do repertorio galego para banda e algunha outra sorpresa. Desde a Banda de Música de Burela aproveitamos para convidar a todos os veciños e veciñas de Burela a este concerto tan especial para nós.