
Como todos os anos, no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, celebraron o Día escolar da Paz e non violencia. Os máis de 500 alumnos, acompañados dos profesores fixeron unha figura no patio, leron un manifesto e remataron cantando todos xuntos a canción “Celebra la vida”.