Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista apoia a manifestación do vindeiro día 27 en defensa do galego

EN DEFENSA DO NOSO BENCOMÚN INMATERIAL

O noso máis prezado bencomún inmaterial, a nosa lingua, esta nunha situación de dificultade que requiriría un compromiso firme por parte dos nosos gobernantes para a súa defensa e a súa potenciación.

Os datos que amosa as diversas enquisas socio-lingüísticas falan dunha perda de falantes, fundamentalmente entre as persoas de menos idade que vai parello a un proceso de perda de prestixio social importante.

Diante desa situación os nosos gobernantes en lugar de defender, amparar e potenciar a nosa lingua fan todo o posible por que o proceso de aniquilamento cultural sexa irreversible.

En pleno século XXI en lugar de amparar os béns culturais o goberno da xunta potencia a analfabetización e envía mensaxes a sociedade para incrementar a idea da ‘inutilidade’ do noso idioma.

Desde a chegada de Feijóo a San Caetano esta política de aniquilación se ten intensificado. Namentres desde o goberno central se poñen en marcha reformar educativas encamiñadas a favorecer unha ‘homoxeneización’ cultural españolízante.

Fano sabedores da ligazóns clara entre o desmantelamento do estado social e o desmantelamento da cultura do bencomún. Queren construír unha sociedade global sen espazo para a biodiversidade económica, social ou coma neste caso cultural e idiomática.

Por todo iso, Espazo Ecosocialista apoia a manifestación que o próximo domingo 27 ás 12,00 horas sairá da Alameda de Compostela para percorrer as rúas en defensa da lingua que nos une.

Exit mobile version