O Concelleiro, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:
MOCIÓN
RECHAZO A LEI 10/2012 DE TAXAS XUDICIAIS NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E DO INSTITUTO NACIONAL DE TOXICOLOXÍA E CIENCIAS FORENSES.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado mes de Decembro de 2012, foi aprobada polo governo de ESPAÑA, a nova Ley que establece o pago de taxas para realizar diversas xestións diante da Administración de Xustiza.
Esta Lei foi rechazada tanto polo Consello Xeral da Abogacía Española, o Consello de consumidores e usuarios, e os sindicatos representativos da administración de Xustiza, os cales entregaron mais de 250.000 firmas en contra de esta lei. Ademais de tódalas asociacións de Xuíces e fiscais de España así como outros colectivos e do propios cidadáns que ven recortados os seus dereitos.
Coa aplicación desta Ley podemos preguntarnos:
¿ Que sucedería si o Tribunal Constitucional, di que a citada Ley e inconstitucional?
¿ Como se devolverían as taxas pagadas neste período?. ¿ Quen resarciría os cidadán que por motivos económicos non fixeran uso da reclamación xudicial que e un dereito que posúe?.
¿ Favorece os mais poderosos? ¿ Quen vai resarcir o traballador que non pode pagar a taxa por reclamación de salarios e indemnizacións? Etc..etc..
Esta e unha Lei que “castiga” a pagar o que demanda, non o que incumpre as súas obrigas e obriga a celebración dun xuízo .
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes:
ACORDOS
1.- Rechazo a Lei 10/2012 das Taxas Xudiciais.
2.- Instar as distintas formacións políticas, tanto do parlamento autonómico como estatal, para que se derogue a citada lei, que vai en prexuízo do conxunto dos cidadáns, e lle priva dun dos seus dereitos fundamentais.