Site icon Crónica3.com A Mariña

María del Mar Martínez do IES Vilar Ponte gaña o Certame de Debuxo Infantil de Begonte

DSC07317A alumna do IES Vilar Ponte de Viveiro, María del Mar Martínez Sarmentero, acadou o primeiro premio no XXXVII Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal de Begonte. Este premio estaba dotado con 60€ e unha figuriña de Sargadelos. A participación neste certame de debuxo foi coordinada polo profesor de Relixión Católica, Francisco José Janeiro Rodríguez e contou cunha representación de 25 alumnos do centro. O xurado resaltou a enorme calidade dos traballos presentados polo IES Vilar Ponte de Viveiro

Exit mobile version