NN.XX. de Burela entregou os xoguetes recollidos na campaña de doazón do Nadal ao Centro San Aníbal
A presidenta local, Andrea Gil Santos, agradeceu a Asociación Mulleres en Igualdade a súa implicación por por a dispor tódolos medios e pola súa gran dedicación
Malia que a campaña rematou, pódense facer doazóns durante todo o ano
Burela, 7 de xaneiro de 2013.- Novas Xeracións de Burela entregou no Centro San Aníbal os xoguetes recollidos na campaña de doazón de nadal que puxo en marcha NNXX de Galicia en tódolos Concellos da comunidade para estas festas.
A Presidenta local, Andrea Gil Santos, agradeceu, en primeiro lugar, a Asociación de Mulleres en Igualdade tódolos medios, especialmente os humanos, que puxo a dispor de NNXX e a gran dedicación e, en segundo, a cada un dos cidadáns que aportaron o seu “gran de area”, colaborando así para que tódolos nenos de Burela tivesen agasallos.
Malia que a campaña “un nadal cheo de sorrisos” xa rematou, a Presidenta Local lembrou que os cidadáns poden facer doazóns durante todo o ano.