Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova directiva Cofradía da Semana Santa de Burela

ssA Cofradía da Semana Santa de Burela renova a súa xunta directiva animando e invitando á poboación para formar parte da Semana Santa de Burela. Nestes escasos dous meses a Cofradía traballará arreo para conseguir que “o pobo de Burela poida desfrutar dunha Semana Santa como ven facendo dende fai dezaseis anos.” Pide así a colaboración de toda persoa que queira aportar o seu gran de area, porteadores, cofrades, ou ben esa xente que colabora dun xeito máis anónimo para a preparación dos actos litúrxicos e procesións. A presidenta, así como os demais compañeiros da xunta directiva agardan que o traballo de os seus froitos e asumen un novo reto con ilusión e ganas.

Exit mobile version