Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide ó PP local que investigue as causas polo que a Xunta non concedeu ao concello o taller de emprego

SUÁREZ BARCIA PÍDELLE AO POPULAR LÓPEZ PENABAD QUE AVERIGÜE AS CAUSAS POLAS QUE A XUNTA NON LLE CONCEDEU AO CONCELLO DE RIBADEO O TALLER DE EMPREGO SOLICITADO HAI MESES, AGORA QUE ÉL ACABA DE CONSEGUIR UN POSTO NO OBRADOIRO DE CERVO, ALFOZ E O VALADOURO.

Ribadeo, 3 de xaneiro de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, pídelle ao popular Jesús López Penabad que averigüe as causas polas que a Xunta non lle concedeu ao Concello de Ribadeo o taller de emprego solicitado hai uns meses, agora que él ven de conseguir un posto no obradoiro de Cervo, Alfoz e O Valadouro.
O rexedor amosouse sorprendido esta tarde: “¡Que paradoxas da vida!. Ribadeo sen taller de emprego e o que supostamente é o portavoz do PP, porque aquí hai varios e un non sabe moi ben a onde dirixirse, Jesús López Penabad está contratado nun taller de emprego”.
Suárez Barcia sinalou que “é paradóxico que a Xunta do PP queira para isto os talleres de emprego, é dicir para meter aos seus. A parte de resultarme paradóxico, quizais para buscarlle algo positivo, quero aproveitar xa que ten este novo posto na escola taller de Cervo, Alfoz e O Valadouro, curiosamente os partidos políticos que gobernan neles son o mesmo, a ver si pode tratar de averiguar porque, aínda que a Xunta a nós non nos comunicou as causas polas que nos desestiman a nosa solicitude de taller de emprego, a ver si él pode averiguar cales foron as causas”. O alcalde de Ribadeo engadiu que “así si nolo deran él tamén tería opción de traballar con outros ribadenses aquí. É unha mágoa que non puidese intentalo aquí en Ribadeo porque tamén podería aforrar a kilometraxe que agora vai ter que pagar para ir ao seu centro de traballo neste taller de emprego e neste posto de traballo que acaba de estrenar”.

Exit mobile version