Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e a edil de Turismo de Cervo asisten en Fitur ás presentacións da Mariña

fiturO alcalde e a edil de Turismo asisten en Fitur ás presentacións das iniciativas turísticas da Mariña

Cervo, 30 de xaneiro de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, participaron no día de hoxe en varios actos programados na XXXIII Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra en Madrid.

Este mediodía os tres representantes asistiron á presentación de 12 proxectos turísticos elixidos polo Instituto de Estudios Turísticos-Turespaña como os máis innovadores e creativos do Estado. Un deses proxectos seleccionados foi o Mes da Maxia, que se estivo desenvolvendo entre os meses de outubro e novembro nos establecementos de restauración dos concellos mariñáns e que consistía en ofrecer menús máxicos, que incluían o xantar ou a cea acompañados dunha actuación a cargo dun mago.

Esta presentación tivo lugar no pavillón 10, no que se atopa instalado o foro de innovación e novas tecnoloxías, Fiturtech e que visitaron os Príncipes de Asturias durante a inauguración de Fitur.

Villares, Alonso e Fuente Parga tamén asistiron esta tarde, no stand de Turgalicia situado no pavillón 9, á presentación da nova campaña da marca Artesanía de Galicia na que se recolle o potencial do sector e se destaca a calidade dos produtos artesanais e a capacidade dos artesáns galegos para adaptarse ás novas tendencias. Un acto no que o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña deu a coñecer a única experiencia de fomento do turismo que se está desenvolvendo en Galicia baseada nas visitas aos obradoiros de artesáns de distintos oficios e que xa está funcionando na comarca.

Trátase das Rutas de Artesanía na Mariña Lucense, que inclúen ademais unha iniciativa audiovisual, Alma da Artesanía na Mariña, que consiste na difusión de vídeos nos que cada artesán fala do seu traballo e de todo o que o envolve co obxectivo de complementar e dar a coñecer as Rutas de Artesanía. No caso de Cervo, pódese ver o obradoiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra: http://amariñaturismo.es/alma/gl/fra.php.

A edil de Cultura asegura que estas presentacións, nas que A Mariña tivo o seu protagonismo, “son muy importantes para todos los sectores involucrados en el fomento de la actividad turística de la Mariña y por tanto, muy beneficiosas para Cervo como parte de la comarca” xa que “dan visibilidad a los proyectos innovadores que se están poniendo en marcha en A Mariña de forma conjunta y que permiten potenciar la comarca como destino único”.

Exit mobile version