Site icon Crónica3.com A Mariña

O auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este venres o Encontro Orquestral

Foto encontro orquestralRIBADEO ACOLLE ESTE VENRES UNHA NOVA EDICIÓN DO ENCONTRO ORQUESTRAL.

Ribadeo, 23 de xaneiro de 2013. O auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este venres, 25 de xaneiro, ás 20.00 horas un concerto de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino musical da provincia baixo o nome de Encontro Orquestral.

Na actuación participará alumnado das escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e máis do Centro de Música de Fingoi (Lugo).

Baixo a dirección de Xan Carballal, arredor de 70 alumnos e alumnas interpretarán obras de Fiocco, Sibelius e Hindemith. Éste será o segundo concerto deste encontro logo do ofrecido a pasada semana no Círculo das Artes de Lugo.

Exit mobile version