Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG da Mariña reclama á Xunta tres millóns de euros para políticas de emprego na comarca

O BNG DA MARIÑA RECLAMA Á XUNTA TRES MILLÓNS DE EUROS PARA POLÍTICAS DE EMPREGO NA COMARCA

Antonio Veiga pide ao Goberno galego que cumpra a súa promesa de adoptar medidas compensatorias ante a forte destrución de tecido

empresarial da Mariña

“O Partido Popular en lugar de atallar a crise está a incentivala. De pouco vale controlar o déficit se o pobo non ten recursos para vivir dignamente”

A Mariña, 31 de xaneiro de 2013. Antonio Veiga, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña reclama á Xunta a inclusión de tres millóns de euros nos orzamentos xerais de Galiza para a posta en marcha de políticas activas de emprego. Esta solicitude enmárcase no compromiso adquirido polo propio Executivo de que adoptaría medidas compensatorias ante a forte destrución de empego que supuxo o feche de factorías fundamentarias para a estrutura económica da comarca, como Ecar, Móbeis Emida, Mon ou Cemar, entre outras.

“Pese a que o país está a acadar cifras récord de desempregados -explicou Veiga- o Goberno Feijóo diminuíu un 40 por cento o orzamento dedicado á promoción do emprego e á mellora do mercado de traballo. A Xunta deixará de investir máis de 136 millóns de euros este ano en políticas activas de emprego a pesar que se prevé superar o 21 por cento de parados en toda Galiza. No BNG non nos sorprende este recorte nun departamento dirixido pola conselleira Beatriz Mato, quen nalgunha ocasión chegou a afirmar que as políticas activas de emprego non serven para nada.”

O responsábel comarcal da formación insistiu en que “a vía para controlar o déficit elixida polo Partido Popular, con recortes en educación, sanidade e creación de emprego, está sumindo na ruína a centos de familias galegas e condenando a comarcas como a da Mariña ao aillamento económico e social. O presidente Feijóo en lugar de atallar a crise está a incentivala; de pouco vale controlar o déficit se o pobo non ten trablallo para poder vivir dignamente.”

Os nacionalista denuncian o “pasotismo” dun goberno que permanece quedo ante unha situación “alarmante” na que, o 50 por cento dos menores de 25 anos non teñen traballo e vense na obriga de emigrar, repetíndose unha situación como a de hai décadas.

Exit mobile version