Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo sae ó paso das declaracións da edil de Facenda e pídelle que deixe de facer “oposición á oposición”

O BNG pídelle á edil de facenda que deixe de facer oposición á oposición e goberne como é o seu cometido.

A Yolanda Pedreira non se lle coñece outra iniciativa que non sexa aproveitar as dos demais e pasar polas Xuntas de Goberno a cobrar os 150 euros que recibe por sesión.

Cervo, 18 de xaneiro de 2012. O BNG saíu ao paso das declaracións da edil de facenda do Concello de Cervo e pediulle que deixe de facer oposición á oposición e goberne como é o seu cometido, neste sentido sinalaron que a esta edil non se lle coñece ningunha iniciativa que non sexa poñerse nas fotos para aproveitar as dos demais e asistir sen falta ás Xuntas de Goberno polas que recibe 150 euros por sesión. Os nacionalistas instaron a Pedreira a que deixe a demagoxia e faga balance de si os 110 euros por hora de traballo que cobrou no último ano e medio servíronlles para algo aos veciños e veciñas de Cervo que lle pagan.

Os nacionalistas instaron é edil de facenda a explicar que o seu voto negativo ás emendas do BNG serviu para que o servizo do Punto de Atención Infantil(PAI) siga sendo moi caro, para impedir novos contratos no Servizo de Axuda no Fogar, para evitar un incremento do 100% nas axudas de emerxencia social, para impedir rebaixas nas taxas das Escolas Infantil e para que o comercio e a hostalaría local non teñan maior apoio económico por parte do concello. O BNG aclarou que “as emendas presentadas eran emendas políticas para a reorientación do gasto e que de aprobarse deberan ser os servizos de intervención os que as axustaran aos criterios orzamentarios, non nos corresponde aos políticos facer o traballo dos técnicos.”

Para o BNG a edil de facenda non está para facer oposición á oposición, senón para gobernar e esta é unha función que non exerce, a Yolanda Pedreira nas sucesivas responsabilidades que ostentou froito das sucesivas dimisións e cambios no grupo de goberno, “non se lle coñece ningunha iniciativa que non sexa saír na foto para aproveitarse das dos demais e asistir á Xuntas de goberno polas que cobra 150 euros a sesión”, os nacionalistas foron mais alá ao indicar que “esta edil custoulle aos veciños e veciñas 110 euros por cada hora de traballo no último ano e medio que non se corresponden co seu grao de dedicación”

Por último os nacionalistas reclamaron a Pedreira menos demagoxia cos salarios que non van por conta do concello porque si se trata se sumar sería bo que revisase o do seu compañeiro de bancada, parlamentario e secretario da cámara galega para meter todo no mesmo saco.

Exit mobile version