Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro preguntará no vindeiro pleno sobre a contratación dun novo traballador, a glorieta provisional instalada en Verxeles e a sinal WIFI

Conforme aos datos dos que dispón o Grupo Municipal do BNG, o traballador do Concello que ocupaba o posto de Conserxe no Colexio San Roque, se ía xubilar mediante “contrato de relevo”. O xefe de persoal procedeu á contratación dun novo traballador, mediante a citada figura de contrato de relevo para ocupar o posto vacante.

Este traballador, continúa a traballar no Concello, conforme aos nosos datos, como Conserxe na Casa Consistorial en horario de tarde.

¿Foi a xubilación deste traballador definitiva, ou existe algún problema legal para a súa xubilación?

¿Por que non volve a ocupar o seu posto no Colexio San Roque?

¿O traballador contratado, para suplir a vacante, continúa como traballador do Concello, e polo tanto temos un empregado máis?

¿Que proceso de selección se realizou no Concello para garantir a transparencia e igualdade de oportunidades na contratación do novo traballador?

En Verxeles, na rúa de acceso a estación de Ferrocarril, fai tempo, colocouse unha glorieta provisional. Preguntados polas veciñas e veciños da zona, trasladamos as citadas preguntas á Alcaldía:

¿Durante canto tempo continuará a a glorieta provisional instalada na zona?

¿Canto lle costa ao Concello de Viveiro, o aluguer dos elementos separadores existentes?

¿Cal será á distribución do tráfico definitiva na zona, mediante unha glorieta similar á existente, ou optarase por outro sistema de distribución do tráfico?

O Concello de Viveiro, dispón dunha rede de antenas preparada e instalada para emitir a sinal WIFI a unha gran parte de zonas e parroquias do noso Concello, como xa se comentou neste Pleno Municipal en numerosas ocasións

¿Cando está prevista a súa conexión para que as veciñas e veciños de Viveiro, podan acceder a este servizo?

A Fonte da Rúa Grande en Celeiro, fai tempo estivo avariada por unha rotura no saneamento da Rúa Camiño Real, esa incidencia foi reparada, e os análises realizados pola empresa Aquagest, deron un resultado negativo, polo que se instalou o correspondente letreiro de Non Potable. ¿Sería posible realizar uns novos análises á auga da Fonte, para comprobar se a auga continúa a non ser apta para o consumo das veciñas e veciños da zona?

Exit mobile version