ABERTA ATA O VENRES A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO DÁLLE VIDA AOS TEUS ANOS.
Burela, 28 de xaneiro de 2013. Desde hoxe, 28 de xaneiro, e ata o 1 de febreiro (ambos os dous incluídos), as persoas maiores de 65 anos residentes no concello de Burela, con preferencia as empadroados/as, poderán inscribirse no taller Dálle vida aos teus anos para traballar a estimulación cognitiva e a prevención da dependencia.
Segundo explica Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais, “trátase dun curso gratuíto. Os requisitos que deben reunir para para inscribirse son: ser maior de 65 e estar empadroado/a en Burela”.
A inscrición realizarase na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas. Para calquera dúbida os/as interesados/as poden poñerse en contacto, no mencionado horario, chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.