-Nesta edición podería haber novidades no programa nas que traballa a administración local co consenso dos representantes dos bares e restaurantes
Cervo, 23 de xaneiro de 2013-A Concellería de Turismo que dirixe Begoña Alonso xa comezou a preparación da XXII Festa do Ourizo, de Interese Turístico Galego dende o 2008. A edil reuniuse esta semana cos representantes dos locais de restauración de San Ciprián para acordar a data de celebración, que quedou fixada para o 9 de marzo. Esta foi a primeira xuntanza convocada polo Concello para coñecer as demandas e as impresións dos hostaleiros así como as súas propostas “para garantizar la máxima implicación de los locales e ir mejorando año tras año”, explica a edil.
Alonso quixo coñecer a dispoñibilidade dos bares e restaurantes para participar na festa, preparando e ofrecendo pratos elaborados con ourizo nos seus propios locais, así como para presentar as súas novas receitas no XII Concurso Gastronómico. A edil destaca “la buena disposición de los hosteleros para celebrar esta fiesta y participar en el concurso gastronómico como iniciativas muy positivas de promoción turística y de dinamización del sector”.
A edil tamén quixo valorar xunto cos responsables dos establecementos a posibilidade de introducir algunha novidade no programa deste ano como complemento ás Xornadas Técnicas. Para iso contémplase a opción de contar con especialistas que poidan achegar outro punto de vista sobre o equinodermo.
O que si se manterá invariable é o compromiso de utilizar só ourizo de mar extraído na Mariña, que será a materia prima para elaborar todos os pratos que se sirvan durante a festa, tanto nos propios locais como no concurso gastronómico “para degustar el auténtico sabor del erizo de mar de la comarca” e ao mesmo tempo “contribuir con la economía de la zona”.