Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno burelés insiste en que ningún cargo político do concello irá a Fitur

NINGÚN CARGO POLÍTICO DO CONCELLO IRÁ A FITUR. NA FEIRA HABERÁ FOLLETOS PROMOCIONAIS DE BURELA E DOS SEUS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS, SEGUNDO O EQUIPO DE GOBERNO.

Burela, 23 de xaneiro de 2013. Ningún cargo político do Concello de Burela irá a Fitur, “pero non porque o diga o PSOE, sólo faltaría”. Así de contundentes se amosan desde o equipo de goberno tras as últimas acusacións realizadas desde o PSOE.

O equipo de goberno burelés considera que “os socialistas non saben interpretar o que len, teñen moitos problemas de lectura comprensiva. Niguén dixo en ningún momento que iría a Madrid algún membro do equipo de goberno. O que sí faremos, e reiteramos, é enviar os folletos promocionais dos establecementos hostaleiros de Burela xunto aos do Concello sen coste algún para ditos locais”. Os populares insisten que “a Fitur non irán cargos políticos do Concello de Burela, aínda que sí hai alcaldes e edís doutros concellos, gobernados polo PSOE, que estarán en Madrid”.

Desde o equipo de goberno de Burela dinlle aos socialistas que “non se preocupen polo congreso provincial do PP, porque non é un tema que lles afecte”. E engaden que “neste último ano e medio limpiáronse máis fincas en Burela que nos catro anos que eles pasaron no goberno local e abríronse tamén expedentes sancionadores pola colocación de publicidade en lugares que non eran os axeitados, cousa que eles non fixeron en ningún momento. Nós non poñemos os carteis das actividades medioambientais do Concello nas árbores, algo que eles sí que facían”.

Para os populares “o que está a demostrar o PSOE é a súa falla de imaxinación e a facilidade que teñen para montar bulos e sementar rumores para crear malestar nos veciños. Iso sí que o saben facen moi ben”.

Exit mobile version