Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno local de Cervo afirma que os orzamentos de 2013 reducen o gasto en órganos de goberno en resposta ó BNG

O goberno local lamenta que o asesor do BNG na Deputación recorra á mentira de forma compulsiva

-O executivo local explica que os orzamentos de 2013 prevén reducir o gasto en órganos de goberno nun 15,13%, todo o contrario ao que afirma o asesor nacionalista

Cervo, 2 de xaneiro de 2013-O grupo de goberno manifestou hoxe a súa magoa despois de comprobar como o asesor do BNG na Deputación e edil nacionalista en Cervo “non conseguiu entender os orzamentos aprobados a principios do mes de decembro nun pleno ao que el mesmo asistiu”. O goberno municipal asegura que as declaracións feitas polo señor asesor sobre os gastos destinados aos órganos de goberno están baseadas “no seu costume de mentir de forma compulsiva e na incapacidade para interpretar as cifras económicas dos presupostos”.

O executivo local explica que as súas palabras están “no lado oposto á realidade, xa que no 2013 o importe destinado ás dedicacións dos edís, á asistencias a Xuntas de Goberno e outros gastos baixa nun 15,13% con respecto ao exercicio de 2012”. O grupo de goberno asegura que “o asesor do BNG na Deputación tivo tempo abondo para tentar comprender as contas do Concello e incluso coñece a boa disposición deste consistorio para aclarar calquera dúbida con respecto a asuntos municipais”.

Alcalde de edís consideran que os “erros de interpretación” do asesor do BNG na Deputación son “moi graves” xa que “ostenta un cargo no que se lle presupoñen certos coñecementos e polo que leva cinco anos cobrando. Un cargo ao que, por certo, accedeu por méritos propios despois de presentarse ás eleccións municipais de 2007 nas que conseguiu pouco máis de 200 votos” remata o executivo local.

Exit mobile version