Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro xuvenil “A Maseira” en Barreiros

Foto teatro Barreiros 2O pasado domingo, día 27, ás 18 horas, o grupo de teatro xuvenil “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro representou en Barreiros a súa obra “Asasinato na tenda de roupa”. Trátase do grupo máis novo deste colectivo teatral, formado por rapaces da ESO, entre 12 e 16 anos. A Maseira conta tamén con outro grupo de rapaces maiores, de Bacharelato e Universidade. Máis de cen persoas desfrutaron onte, domingo, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros desa representación teatral. Os organizadores: Concello, A Maseira e a Dirección Xeral de Xuventude agradecen a asistencia e grande acollida que tivo esta obra.

Exit mobile version