Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela celebrou o cocido de Entroido onde González Barcia fixo unha análise da situación política do concello

la foto(2)Os populares de Burela anuncian a posta en marcha de grupos de traballo para implicarse máis na sociedade.

Burela, a 26 de xaneiro de 2013.- O Partido Popular de Burela celebrou hoxe, sábado, nun coñecido restaurante burelés, o tradicional cocido de Entroido que reuniu a case un cento de afiliados e simpatizantes. O cocido de Entroido é xa tradicional dentro da axenda anual dos populares bureleses, e serve para comenzar o ano político.

Ao remate do mesmo, o presidente local do partido e alcalde, José María González Barcia, fixo unha análise da situación política do concello afirmando que “no último ano e medio fumos capaces a cambiar o rumbo económico do concello: agora non se gasta máis do que se ingresa, e pagamos o que debemos; de feito temos practicamente todo pagado hasta o mes de novembro”.

Barcia indicou que “a ninguén lle gusta tomar medidas duras, pero o camiño que levábamos conducía ó desastre económico”. Ademais, dixo que “os grupos da oposición están resolvendo as súas liortas internas: no PSOE non se sabe se manda o portavoz, ou un ambicioso sindicalista que pretende ser político; e os nacionalistas xa bastante teñen con poñerse de acordo eles consigo mesmos para averiguar se están nun lado, no outro, ou en ningún. Por iso fan a oposición que fan, bastante pobre, e por riba son pouco traballadores”.

Barcia manifestou que “que Burela fose elixida para a celebración do Congreso Provincial do PP é unha enorme satisfacción: temos que seguir demostrando que somos unha das agrupacións máis activas da provincia”.

O presidente local do partido manifestou que “seguiremos na liña de traballo que levamos hasta agora, pero temos que continuar abríndonos á sociedade. Por iso, constituiremos grupos de traballo vinculados cos distintos sectores do tecido socioeconómico do concello, para acercar o partido á sociedade, coñecer a fondo os problemas da xente, e aplicarnos en buscar solucións dentro da medida das nosas posibilidades. Todos os pasos que sexamos capaces de dar teñen que ser cara adiante, para ampliar a nosa presencia e tamén o número de persoas que confían en nós”.

Exit mobile version