Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela comezou a preparar o Congreso Provincial que terá lugar na localidade o 2 de marzo

O PP burelés comenza a preparar o Congreso Provincial.

Burela, a 17 de xaneiro de 2013.- O Partido Popular de Burela comenzou a preparar o Congreso Provincial que terá lugar na localidade o sábado dous de marzo, nunha reunión mantida onte, mércores, polos membros do comité local burelés, reunión que presidiu José María González Barcia.

Na reunión, constituíuse un comité organizador de ámbito local que terá como principal función colaborar co comité organizador provincial, deseñar material propio para o congreso, así como contactar co sector hosteleiro. Ademais, aportarán voluntarios para labores informativas ós asistentes o mesmo día do congreso.

Este comité, segundo manifestou o presidente local, González Barcia, estará formado por cinco persoas baixo a coordinación de José Luis González Arnau e a supervisión do propio presidente local.

A primeira reunión de traballo será xa a vindeira semana, de cara a manter contactos co sector hosteleiro a través de ACIA.

Finalmente, indicar que o PP xa solicitou autorización ó Concello de Burela para usar a Casa da Cultura para o congreso e fixo tamén o pago das taxas correspondentes.

Exit mobile version