Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pedirá en pleno explicacións sobre un gasto superior a 6.700 euros en vestiario de protección laboral

O PP de Mondoñedo pedirá en pleno explicacións sobre un gasto superior a 6.700 euros para vestiario de protección laboral

• O Grupo Municipal Popular interesase polo relación detallada do gasto dunha factura emitida por unha empresa de Pontevedra en concepto de vestiario de protección laboral, dado que amosa ser un importe “moi elevado” nun gasto que nun principio non parece “prioritario”

Mondoñedo, 2 de xaneiro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo rexistrou hoxe unha pregunta plenaria na que pide explicacións sobre unha factura por importe de 6.792,94 euros en concepto de pago de vestiario de protección laboral. En concreto, dende o Grupo Municipal solicitarán unha copia da factura e interesaranse pola relación detallada dos produtos adquiridos. Así mesmo, preguntará se este gasto é sufragado con fondos propios ou a través doutra liña de subvencións doutras administracións.

A portavoz do PP local, Elena Candia, asegura que o seu grupo se interesa por esta factura dado que amosa ser un importe “moi elevado” nun gasto que nun principio non parece “prioritario”. Candia considera que o gasto superior a un millóns de pesetas é razón suficiente para facerlle seguimento e control.

A popular explica que a factura, emitida por un empresa de Pontevedra con data 22 de novembro de 2012, foi aprobada na Xunta de goberno local de 5 de decembro de 2012, tal e como reflexa a acta da citada sesión 16/2012.

Así, desta maneira a popular asegura que o seu partido con esta iniciativa plenaria non se está a amosar en contra do citado gasto; senón que quere facer seguimento e estudar a necesidade real deste gasto: así como o destino detallado dos máis de 6.700 euros.

A popular considera que a administración local debe priorizar os seus fondos, e atender as demandas máis prioritarias; beneficiando sempre aos negocios locais.

Exit mobile version