Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo úrxelle ao goberno municipal a que optimice a utilización da sala de usos múltiples

O PP úrxelle ao goberno municipal a que optimice a utilización da sala de usos múltiples ubicada ao carón da oficina de turismo, en pleno centro histórico mindoniense

A portavoz popular explica que a localización desta sala é inmellorable e sería un lugar idóneo para localizar exposicións itinerantes sobre a localidade ou incluso de museo para albergar elementos de gran valor cedidos por mindonienses

A popular explica que ten constancia da existencia de iniciativas de persoas privadas con disposición a facer doazóns de elementos de gran atractivo e valor turístico para a localidade

Candia pídelle ao rexedor local que se “non ten ideas”, que permita que entes privados aporten proxectos para instalarse nesta sala de usos múltiples e doten ao lugar como “carta de presentación”, perfecta para Mondoñedo

Mondoñedo, 24 de xaneiro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo úrxelle ao goberno municipal a que optimice a utilización da sala de usos múltiples ubicada ao carón da oficina de turismo da localidade, en pleno centro histórico mindonienses.

A portavoz do Partido Popular, Elena Candia, pon de manifesto a demanda do seu partido neste senso, ao considerar que esta localización está infrautilizada, sendo o lugar idóneo para a ubicación de diferentes proxectos, dada a súa inmellorable localización.

A voceira popular explica que esta sala de usos múltiples podería albergar exposicións itinerantes sobre a localidade ou incluso servir de museo para albergar elementos de gran valor cedidos por mindonienses. Elena Candia explica que ten constancia da existencia de iniciativas de persoas privadas con disposición a facer doazóns de pezas de gran atractivo e valor turístico para a localidade.

Neste senso, Candia pídelle ao rexedor local que se “non ten ideas” ou “non é quen de materializadas”, que cando menos permita que entes privados aporten proxectos para instalarse nesta sala de usos múltiples.

A portavoz popular asegura que a sala de usos múltiples ubicada ao lado da oficina de Mondoñedo poder ser unha “ boa carta de presentación”, da localidade para os visitantes que se desprazan ata o municipio.

Exit mobile version