Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa do XXXII Entroido de Foz prolóngase ata o vindeiro día 15 de febreiro

ENTROIDO 2013: PROGRAMA

Do 27 de xaneiro ao 27 de febreiro, na sala de exposicións do CENIMA, EXPOSICIÓN DE ENTROIDO este ano adicado á Angela e Clara Mosquera, gañadoras durante máis de 8 anos consecutivos do premio de Infantil Parellas.

Sábado 26 de enero

22:00 h. Cea de Coroación da Raíña do Entroido. No Pavillón Colexio Martinez Otero.

Ameniza Dúo Casino Sevilla.

Venres 8 de febreiro na Sala Bahía

20:00 h. Pregón do Entroido 2013. A cargo este ano de CHINCHÓN.

20:30 h Concurso de Coplas na Sala Bahía

As persoas interesadas en participar deberán anotarse na Casa da Cultura do Concello de Foz ata o luns 4 de febreiro. (Tfno: 982140675)

As categorías de participación serán as seguintes:

Individual ou Parellas: 3 Premios de 30.-€ en vales para consumir nos bares de Foz.
Grupos: 50.-€ en vales para consumir nos bares de Foz.

(Para máis información consultar bases na Delegación de Cultura do Concello de Foz)
Sábado 9 de febreiro

10:00 h. Fogonazo

Durante todo o día o Bloco de Samba “BLOQUIÑOS DE XERMOLOS” de Guitiriz percorrerá as rúas da vila.

17:00 h. XXXII DESFILE DO ENTROIDO

6000 € en premios.

(Pregamos a anotación anticipada para o desfile chamando á Casa da Cultura de Foz ao 982 140 675)

Saída dende a zona portuaria e remate no Campo da Cabana coa actuación de charangas. Ao remate do desfile todos/as os/as participantes poderán disfrutar dunha CHOCOLATADA en dito recinto.

23:00 h. GRAN BAILE na Sala Bahía coas orquestras: ACHÉ e GARIBALDI.

Entrada: 6 € maiores e 3 € infantil (taquilla aberta ata as 04:00 h.)

Paquete de entradas: aquelas charangas ou grupos que participen no desfile poderán adquirir paquetes de entradas. (Por cada 2 entradas, unha de agasallo. Pagan 2 e levan 3- chamar a 982 140 675- Casa da Cultura).

01:00 h. Entrega de premios do desfile.

(Ver modalidade de premios na seguinte páxina).

Domingo 10 de Febreiro. DÍA INFANTIL

17:00 h. Baile Infantil na Sala Bahía có grupo DIAMANTES (Chechu e Salva)

Entrada 3 €.

Paquete de entradas: aquelas charangas ou grupos que participen no desfile poderán adquirir paquetes de entradas para os/as nenos/as que participen no desfile. (Por cada 2 entradas, unha de agasallo. Pagan 2 e levan 3- chamar a 982 140 675- Casa da Cultura).

19:30 h. Entrega dos premios infantís.

21:00 h. TOUPORROUTOU. Organizado pola Asociación “Pomba do Arco”.

Luns 11 de febreiro. DÍA DO ENTROIDO

22:00 h. Tradicional Baile de Entroido na Sala Bahía con FÉNIX E DJ EVENTEC.

Gran Baile do Farolillo. Entrada: 3 € (Entrada gratuíta para menores de 15 anos).

Martes 12 de febreiro

17:00 h. Gran baile infantil na Sala Bahía organizado pola Asociación de Amas de Casa “Virxe do Carme” de Foz e amenizado polo grupo DIAMANTES (Chechu e Salva)

Venres 15 de febreiro. QUEIMA DO ENTROIDO

22:00 h. Saída da comitiva fúnebre dende o Campo da Cabana ata a o Peirao de Foz e Queima do Entroido, con queimada e conxuro. (pregamos aos asistentes acudan de luto riguroso).

BASES:
@s participantes poderanse inscribir e recoller o dorsal da seguinte maneira:
Ata o venres 8 de febreiro na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz.
O mesmo día do desfile, sábado 9 de febreiro, das 12 h. ás 16 h. da tarde no porto.
Agradécese a tódol@s participantes que pasen pola mesa de inscrición con puntualidade para evitar aglomeracións, ou ben, que faigan antes a súa inscrición na Casa da Cultura os días anteriores.
Tod@ participante que non leve número no dorsal non poderá entrar en concurso.
Cada participante será responsable dos danos que puidera ocasionar a terceiras persoas.
Serán descalificados ou expulsados do desfile aqueles participantes que levando animais procedan con eles con violencia ou calquera tipo de maltrato físico.
Quedarán descalificad@s ou expulsados do desfile tod@s aqueles concursantes que non cumpran as bases, provoquen atrasos, incordien no desfile e non atendan as ordes dos responsables da organización, protección civil ou de quenes esteñan encargados/as durante o percorrido do desfile.
A deliberación do xurado será xusto ao remate do desfile e estará facultado para deixar premios desertos.
Os premios serán recollidos obrigatoriamente no baile o día 9 de febreiro para os adultos e no baile do 10 de febreiro para as categorías infantís.
A organización resérvase o dereito de cambiar o horario ou a programación en caso sumamente necesario.
Por ser un acto para tódolos públicos non se permitirán representacións obscenas, que poidan ferir a sensibilidade d@s espectador@s.

Exit mobile version