Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela presenta mocións sobre a ampliación do Hospital da Costa, a Axenda 21 e afectados polas preferentes

O Grupo Municipal socialista de Burela presentará dúas mocións para debater no próximo pleno ordinario.

A primeira é relacionada coa sanidade pública e instase ó presidente da Xunta a:

1.- Licitar e adxudicar de inmediato os equipamentos necesarios de Radioterapia, Hemodinámica e medicina Nuclear no HULA para que estes servizos, tan necesarios para a saúde dos lucenses, entren en funcionamento o antes posible

2.- Anular a rebaixa de 2.01 millóns de euros no Hospital da Costa

3.- Concretar prazos, proxectos, presupostos e partidas para a necesaria e anunciada ampliación do Hospital en Burela.

4.- Garantir a soberanía funcional do Hospital da Costa mantendo a Área Sanitaria da Mariña

A segunda moción refírese a Axenda 21 e solicítase que o alcalde do Concello cumpra o compromiso de convocar os membros da Axenda 21 Local tal e como se comprometeu, no xa lonxe, xullo de 2011.

Tamén presentamos unha moción conxunta co BNG para apoiar aos afectados polas preferentes.

Exit mobile version