Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo agradece a Balseiro por amosar interese por solucionar o problema coas eléctricas

OS SOCIALISTAS AGRADECEN Ó SEÑOR BALSEIRO QUE POR FIN AMOSE INTERESE POR SOLUCIONAR O PROBLEMA COAS ELÉCTRICAS

-Aseguran que “a única administración con competencias no asunto é a Xunta de Galicia, Balseiro como membro do executivo autonómico é o máis indicado para apremiar a Industria a poñer fin a esta situación”

-Despois de levar meses denunciando os problemas vividos polos veciños esperan que “os compañeiros do PP se dean conta da problemática e non se tarde máis tempo en tomar as medidas oportunas”

CERVO, 9 DE XANEIRO. Os socialistas de Cervo amosan a súa alegría ó coñecer que o señor José Manuel Balseiro “por fin manifestou interese por solucionar os problemas que están tendo moitos dos nosos veciños coas empresas eléctricas”.

Dende o Grupo Municipal Socialista lembran que “a única administración con competencias neste asunto é a Xunta de Galicia. O señor Balseiro como membro do goberno autonómico ten tódalas facilidades para mediar coa Consellería de Industria e que ésta dea unha solución urxente a este problema”.

A pesares de recoñecer o bo acto do señor Balseiro, afirman que “non era sen tempo xa que nós, como GMS, levamos moitos meses denunciando a situación publicamente. Dende novembro unímonos á Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico, organizamos charlas informativas para os veciños que se encontran nesta situación e presentamos unha moción na que instábamos á Xunta de Galicia a tomar as medidas oportunas para controlar o exceso das facturas eléctricas e compensar o sobrecusto aplicado a moitos consumidores polos erros do sistema”.

Agradecen unha vez máis a colaboración de Balseiro e insisten en que comparta o seu interese cos demais membros do Partido Popular, pois “os seus compañeiros de partido foron os primeiros en votar en contra dunha moción sobre o tema no pleno da Deputación Provincial de Lugo”.

Os socialistas subliñan que “tódolos esforzos serán positivos para dar coa solución a esta situación” e agardan que “a Consellería de Industria, como principal responsable con competencias na materia, non tarde moito máis tempo en tomar as medidas axeitadas para finalizar con este asunto dunha vez por todas”.

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE CERVO

Exit mobile version