Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de O Valadouro non apoiou os presupostos presentados polo goberno local do PP

O Grupo Municipal Socialista do Valadouro non deu o seu apoio os presupostos presentados polo Goberno Local do PP encabezado por Jose Lamela Piñeiro.
Estes presupostos chegan con algo mais de un ano e medio de retraso despois de que o Alcalde se comprometera a presentalos en setembro de 2011. Se o seu compromiso fora real en 2013 poderíanse presentar uns presupostos libres de débedas, e non uns presupostos que inclúen un aumento de gasto corrente chegando case a un 80 por cento e sen incluír un so euro para desbloquear o parque empresarial no noso Concello despois de que o noso grupo xa presentara unha moción o 1 de agosto de 2011 pedindo que retomara os tramites ca Xunta para desbloquealo.
Propón gastos de dubidosa urxencia e utilidade, 25.000 € para a adquisición dunha desbrozadora de brazo a cal el mesmo admitiu que puxera esa cantidade por poñer algo que non sabia o que custaba.
Nun Concello con baixa oferta de emprego propón un gasto dos órganos de goberno que pasa de duplicar o gasto en fomento de emprego. Dedicando so 3000 € a emerxencia social sen embargo propón un gasto fixo de 55.000 € na Casa da Cultura sen incluír actividade algunha por non falar dos 104000 € de gasto de alumeado publico.
Estes presupostos son un claro exemplo da pouca eficacia que ten o alcalde do Valadouro e o seu grupo de goberno, non estando a altura das circunstancias. Non cumprindo os numerosos servizos existentes e o amplo abanico de proxectos que supostamente puxo de escusa para a probación da súa dedicación exclusiva.
O señor Lamela goberna en minoría polo tanto esta obrigado a sentarse a coa oposición para negociar uns presupostos en coalición cos outros grupos e non marchando pegando o portazo dun pleno cando perde a votación.

Exit mobile version