Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de O Valadouro propoñerá no próximo pleno que o concello liquide a “débeda que ten pendente”

O PSOE do Valadouro vai propoñer no próximo pleno do 25 de xaneiro que o Concello liquide a débeda que ten pendente. Non podemos entender como o noso Concello arrastra unha débeda de aproximadamente 135.000 € dun crédito de fai varios anos, e o mesmo tempo cerra durante outros tantos exercicios con saldo positivo, que a finais do 2012 entre superávit e remanente ascende a cerca de 250.000 €. ¿Que familia de Valadouro, que Colectivo cidadán, que negocio mantería tal débeda tendo os cartos para liquidala? Os mais de 5000 € de intereses que esta débeda nos acarrea, ben podían financiar as necesidades de algún Colectivo ( AMPA, ADC Valadouro, Asociacións de Veciños) ou evento de interese Veciñal.
Os socialistas pensamos que isto é unha das consecuencias de non ter presentado os presupostos desde o 2009, gobernando cons presupostos prorrogados, que por caducar, lle caducou hasta a lei que os regula. Por riba, esta situación de débeda, ten atado ó Concello de pes e mans a hora de cumprir coa normativa de estabilidade presupostaría. De non ter esta débeda Valadouro podería gozar de uns presupostos a súa medida, sen ataduras.
Unha proba evidente de que o Alcalde non esta onde ten que estar, o Sr Lamela goberna Valadouro con total e absoluta improvisación, sen perspectiva de futuro algunha. Queremos un Concello con futuro.

Exit mobile version