Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de O Valadouro renova a executiva municipal sendo elixido José Luis Maseda como novo secretario xeral

O PSOE do Valadouro renova a Executiva Municipal, sendo elixido por aclamación da asemblea José Luís Fernández Maseda como novo Secretario Xeral dos Socialistas do Valadouro. Veciño da parroquia de Santa Cruz, Luís Maseda asume a responsabilidade de levar o PSOE en Valadouro polo mellor camiño para dentro de algo mais de dous anos o PSOE se presente as eleccións municipais como un partido renovado e aberto. A intención e colaborar no Concello todo o que sexa posible sempre e cando sexa para sacar o Valadouro cara adiante e que sega mantendo tódolos servizos e creando novos proxectos enfocados a xuventude e benestar para a terceira idade. Créase unha Executiva aberta en que os proxectos sexan cousa de todos. Dispostos a colaborar cas distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas do concello.

Executiva Local:
Secretario Xeral: Jose Luís Fernández Maseda.
Secretario Organización: Iago Fernández Pena.
Secretario Política Municipal: Edmundo Maseda Maseda.
Secretario Autónomos e Emprendedores. Pedro Paz González.
Secretario Acción Electoral: Antonio Galan Orol.
Secretario Administración: Ricardo Orol Orol.
Secretaria Formación: Pilar Vázquez Hermida.
Secretaria Igualdade: Aurora Pardeiro Mosquera.
Presidente: Luís Martínez González

Exit mobile version