Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF vence ó Guntín cun resultado final de 2 a 4

Guntín.: Carolyn, Andrea, Elena, Nerea y María. Tamén Xogaron.: Cristina, Carmen, Denise, Laura e Lucia.

Viveiro.: Diandra, Xiana, Nerea, María Balsa, Rocio. Tamén Xogaron.: Conchi, Raquel, Andrea e Goretti.

Goles.: 0-1 Xiana; 0-2 Xiana; 1-2 Carmen; 1-3 Xiana; 2-3 Cristina; 2-4 Andrea.

Terceira Victoria consecutiva do Viveiro FSF, esta vez a domicilio e diante dun Guntín que aproveitou a xornada de descanso da liga autonómica para que algunha das xogadoras do seu primeiro equipo disputasen o encontro de provincial diante das viveirenses.

As xogadoras do Viveiro FSF, como ven sendo habitual nos últimos encontros, comenzaron cunha forte presión a toda pista que dificultaba a saída do balón do equipo local e propiciaba o dominio visitante, froito do cal chegaron os dous primeiros goles obra de Xiana, dentro dos primeiros dez minutos de partido.

A partir deste intre o partido entrou nunha serie de imprecisións, tanto polo bando local como polo visitante, sen ocasións claras de gol, o que propiciou que nun erro defensivo, preto do final da primeira parte, o Guntín reducise distancias e colocase o 1-2 no marcador.

A Segunda parte comenzou de forma similar aos minutos finais da primeira, con constantes imprecisións no pase e na finalización por parte do Viveiro, diante dun Guntín que adiantou liñas e complicaba a saída do balón do Viveiro, que en non encontraba o xogo combinativo dos últimos partidos e que sufría moito para manter o balón e chegar a portería rival.

Nunha xogada aislada Xiana subiu o 1-3 ao marcador mediada a segunda metade, pero o Guntín recortou diferencias rapidamente e voltou a por en apuros a portería defendida por Diandra.

A tranquilidade chegou a cinco minutos do final, cando o Viveiro acadou o definitivo 2-4.

En resumen o Viveiro sacou adiante un encontro complicado, no que fixo, sen lugar a dúbidas, o peor xogo no que vai de tempada, e que gañou mais por inercia, e pola confianza adquirida nos últimos encontros, que polo xogo despregado, pero que lle permite sumar tres novos puntos e seguir escalando postos na clasificación a espera de enfrontarse cos equipos da parte alta da táboa clasificadora.

Exit mobile version