Site icon Crónica3.com A Mariña

Os equipos inferiores do C.D. Foz gañaron os seus tres encontros disputados

Outro triplete de vitorias dos equipos base do C.D.Foz. Magnífica novamente a xornada dos equipos inferiores do C.D.Foz que gañaron os seus tres encontros disputados.En INFANTIS os de Burunda golearon por 5-0 o Val do Ulla, nun encontro, no que se xugou só 50m., xa que o arbitro en acordo cos adestradores suspendeu o partido debido o lamentable estado do terreo de xogo propiciado pola coñecida ciclogenisis explosiva que nos visitou esta fin de semana.Iñaki(2), Fran Roi e Antón, foron os goleadores, de un equipo que está a realizar unha extraordinaria tempada na Liga Galega, sobre todo cando xoga de local.Os XUVENIS, tamén xogaron o sábado a maña no Municipal de Malates, ante a Pontenova, o que gañaron por un apretado 3-2.Os de Amarelo sufriron máis da conta para sacar adiante o partido debido o mal estado do terreo de xogo, anegado pola cantidade de choiba caida e que facía case imposible xogar o fútbol.Lois en dúas ocasións e Bouso foron os goleadores focegos.Con este resultado os focegos remataran a primeira volta de lideres a pesar de que descansan a vindeira xornada.E o domingo pola maña os CADETES de Oke desprazáronse a Lugo para xogar contra a Milagrosa, un equipo que aínda non sabia o que era perder no seu campo, pero que esta vez foron derrotados polos focegos por un claro 0-2. Asier e Gonzalo foron os autores dos goles.De extraordinaria, se pode calificar a tempada de este equipo que acaba a primeira volta con pleno de victorias.Quince encontros xogados e quince gañados, anotando 81 goles , só encaixando 13.Queda toda a segunda volta pero as pintas de este equipo son de equipo intratable na categoria.

Exit mobile version