Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro O Bordelo estrea unha nova comedia o sábado en Cervo

Quince anos de intensa actividade escénica.
O vindeiro sábado, día cinco de xaneiro, ás oito da tarde, no salón de plenos do Concello de Cervo, o grupo de teatro O Bordelo estreará o seu novo espectáculo,tal como leva facendo sen interrupción dende hai quince anos como agasallo de Reis para o pobo cervense e de agradecemento para todos cantos amantes do teatro desexen compartir con eles esta tradicional velada.Dolores Viamonte Rey, María Paz Rodríguez Silva, Antonio González-Patoso, Xosé Manuel González-Copa, Xosé Vicente Mon e Francisco Piñeiro darán vida ás personaxes da nova comedia titulada “ Abordelar”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.“Abordelar”, enmarcada na liña dun teatro comprometido coa mellora das circunstancias sociais contemporáneas, quere ser unha peza cómico-reflexiva que lle permita ó espectador observar a realidade de tal xeito que remate rindo do que , acotío, convida a chorar.

Exit mobile version