
Como é natural, na tarde-noite do pasado día 5 de xaneiro, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitaron a Mariña Lucense. Segundo é costume, deténdose tamén no concello de Alfoz, onde recorreron as diversas parroquias, sendo logo recibidos no Castelo do Castro de Ouro polo Alcalde do concello, que lles concedeu a chave do mesmo. Congregáronse arredor dos Reis Magos multitude de nenos e persoas maiores, para aplaudirlles e pedirlles agasallos. O acto rematou cun convite a chocolate quente. A organización correu a cargo da Asociación Cultural O Castelo.