
Séchu Sende, o autor de Made in Galiza participou nun encontro co alumnado do Instituto Perdouro. O escritor foi protagonista dun encontro cultural “Modelo Burela”. O evento celebrouse entre as 11:00 e as 14:00 horas do día 25 de xaneiro, na biblioteca do Instituto Perdouro e nel participou alumnado de ESO e Bacharelato. Sende comezou facendo un repaso breve a súa traxectoria literaria e nada máis empezar soubo cativar o alumnado coas súas propias vivencias coa lingua galega. O rematar o encontro o alumnado aproveitou a ocasión para pedirlle a Séchu asinar os seus exemplares. Aproveitando a viaxe á Mariña, o día 26 (sábado) ás 8 da tarde o escritor presentará en Viveiro a súa última publicación: un libro de viaxe ao Curdistán. O acto celebrarase no Conservatorio de Música de Viveiro e nel o escritor contará coa presentación de Plácido Travieso e Bernardo Penabade.