Site icon Crónica3.com A Mariña

Sergio Dalma axudou a ACIA Burela a facer realidade outra petición da Árbore dos Desexos

SERGIO DALMA AXUDOU A ACIA BURELA A FACER REALIDADE OUTRO DOS DESEXOS DE NADAL
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela, dentro da súa Campaña de Nadal, segue facendo realidade as peticións da Árbore dos Desexos que preside desde o pasado 15 de decembro a Praza do Concello de Burela.
O novo desexo concedido foi para Ana, a mamá de Vanessa, unha nena burelesa de 6 anos que leva meses loitando contra un tumor troncoencefálico. Desde que estivo hospitalizada dous meses en Santiago de Compostela, tiña o grande desexo de coñecer en persoa a Sergio Dalma, o seu ídolo de sempre.
O artista colaborou con ACIA Burela para converter en realidade este desexo. Aproveitando a súa firma de discos e libros do pasado venres no Paseo de la Castellana, a familia da nena desprazouse a Madrid e Sergio Dalma recibiu emocionado a esta pequena burelesa, que vía así cumprido unha das súas maiores obsesións…
Todo isto é posible porque ACIA Burela se comprometera, dentro das súas posibilidades, a facer realidade tres das peticións solicitadas entre o 15 e o 30 de decembro á Árbore dos Desexos de Nadal.
O primeiro dos desexos foi solicitado por Lucía González e pedía axuda para Olaya Pardo Pérez, a nena de tres meses e medio de Fazouro que naceu o pasado 21 de setembro sen unha man e necesita unha prótese. Para axudar a cumprir este desexo solidario, ACIA Burela destinará a este fin o 15% de toda a recadación na Rosconada de Reis do día 5 de xaneiro.
ACIA Burela xa está a traballar para satisface-lo terceiro dos desexos solidarios seleccionados, que se fará público nos próximos días…

Exit mobile version