Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Ribadeo lembra que ata finais de semana poden recoller xoguetes as familias con escasos recursos

SERVIZOS SOCIAIS LEMBRA QUE AQUELAS FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS QUE PRECISEN XOGUETES PARA OS SEUS FILLOS PODEN ACHEGARSE ATA FINAIS DE SEMANA A RECOLLELOS NESTE DEPARTAMENTO.
Ribadeo, 2 de xaneiro de 2013. A Concellaría de Servizos Sociais lembra que aquelas familias con escasos recursos que precisen xoguetes para os/as seus fillos/as poden achegarse por este departamento a recollelos.
Teresa González Piñeiroa sinalou que “da recollida de xoguetes que fixemos hai unhas semanas aínda nos quedan para poder repartir algúns máis. Todas as familias que o ano pasado recurriron a esta iniciativa xa foron atendidas tamén nesta ocasión e outras novas que se achegaron ata os Servizos Sociais”.
A data límite para poder recoller os xoguetes será o vindeiro venres, 4 de xaneiro, a mediodía.

Exit mobile version