Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Barreiros

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá unha representación teatral este vindeiro domingo, día 27 de xaneiro, ás seis da tarde. Correrá a cargo do grupo xuvenil A Maseira, que escenificará a obra cómica titulada “Asasinato na tenda de roupa”. Esta actividade está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Concellería de Cultura de Barreiros, coa colaboración do grupo de teatro A Maseira e da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

Exit mobile version