Ante unha dimisión anunciada, coma a do Sr Pavón a quen queremos agradecerlle os servizos prestados, ao día de hoxe aínda non se coñece que será a persoa que se ocupe do posto de concelleiro/a nin da delegación de s.sociais.
Mentres todo isto pasa no Concello, os veciños vemos o abandono no mantemento de alumeado ,como se pode ver na imaxe xunta, onde a falta de protección pode provocar graves consecuencias.
Así mesmo, e a pesar de que Unifoz xa o denuncio fai días , ao día de hoxe aínda non se corrixiu a situación dos basureiros incontrolados na parroquia de Fazouro.
Os taboleiros para colocar anuncios nas parroquias están totalmente desfeitos, pola falta de mantemento e reposición dos mesmos.
Os sumidoiros seguen se limpar, e como mostra se poden ver os da rúa Alvaro Cunqueiro.
Si fai tempo dende UNIFOZ, pedimos unha campaña de colaboración cidadá para combater a situación de asaltos domiciliarios e de comercios,, este goberno segue mirando para outro lado.
Queremos pedirlle a este goberno se preocupe menos das festas e algo máis do coidado do pobo e atención os cidadáns.